Ágatha Ruiz de la Prada
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1960 (64 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | deseñador de moda, empresaria |
Período de actividade | 1980 - 2019 |
Outro | |
Título | Marqués (2010–) Barón (2010–) Grandeza de España |
Parella | Pedro J. Ramírez (1986–2016) |
Pai | Juan Manuel Ruiz de la Prada Sanchiz |
Premios | |
Páxina web | agatharuizdelaprada.com |
Ágatha Ruiz de la Prada y Sentmenat, XII marquesa de Castelldosrius, XXIX baronesa de Santa Pau e Grande de España, nada en Madrid o 22 de xullo de 1960, é unha deseñadora de roupa española.
Estudou na Escola de Artes e Técnicas da Moda de Barcelona.
Comezou a súa carreira como deseñadora en 1981, cando presentou a súa primeira colección en Local, un Centro de Deseño. Os seus deseños salientan pola súa modernidade (vestidos con caixas, acompañado con estrelas, soles, lúas, corazóns, con cores brillantes) cun ton decididamente naïf.
Ademais de roupa, trasladou os seus deseños a mobles, cadeiras, mesas, sofás, enxoval, alfombras, lámpadas, material escolar (cadernos, lapis, bolígrafos, perfumes, toallas, etc).
É a parella sentimental do xornalista Pedro J. Ramírez.
Tamén dá o seu nome a unha marca de perfume, fabricado pola empresa catalá de produtos de perfumaría e moda Puig.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Puig Arquivado 21 de outubro de 2018 en Wayback Machine.».